Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas: “Non recorrer a setenza de Aucosa poría en perigo a viabilidade económica do Concello”

plenocompa

A comparecencia da alcaldesa, solicitada polo BNG para que dera explicacións sobre a situación de Aucosa tras a sentenza que declara nula a licenza concedida para a ampliación das instalacións desta empresa, xirou en torno a tres ideas principais. O feito de que a licenza agora anulada é produto dun proceso que arrancara co goberno de Javier Bas, que o goberno PSOE-AER viuse na obriga de concedela porque en caso contrario estaría a prevaricar ao contar cos informes positivos dos técnicos e que non recorrer agora o fallo do xulgado poría en perigo a viabilidade do Concello.

Eses foron os argumentos manexados durante o seu discurso pola alcaldesa quen asegurou estar a “vivir días complicados no persoal, por ser veciña da zona máis afectada polo cheiros de Aucosa e entender o posicionamento dos colectivos que piden que non continúe a vía xudicial”, ao tempo que se ve “na obriga de actuar con responsabilidade para evitar prexuizos económicos ao concello”.

Engadía que o seguro de responsabilidade patrimonial co que conta o Concello en ningún caso cubriría esta posible indeminización que asegurou podería ser superior aos 10 millóns de euros.

Contestaba con esas palabras ás demandas do concelleiro do BNG, Xoán Carlos González, quen esixía a Rivas “que se puxera ao carón dos veciños” e non a favor dunha empresa “contaminante e que actúa con chulería coas administracións”.

Concluía Rivas afirmando que dende o Concello “continuaremos traballando para que Aucosa cumpra coas normas medioambientais e denunciando todas as irregularidades cometidas ao organismo competente”

Neste sentido, insistía en que é a Xunta quen está permitindo que Aucosa siga nun espazo especialmente protexido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará