Equipo xuvenil do Arelonga Chapela
Estes martes de Entroido o fútbol sala será protagonista en Chapela. O Arealonga FS organiza a concentración da liga autonómica xuvenil feminina de fútbol sala, subgrupo C, en colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol e o Concello de Redondela. O evento terá lugar esta tarde, no Pavillón Municipal Manuel González Soto, de 16.00 a 20.30 horas. Serán catro equipos os que se dean cita nesta xornada: Marín Futsal, CD Mosteiro Bembrive FS, Escola Futsal Morrazo e o club anfitrión, Arealonga FS Chapela. O presidente do club, Iván Vázquez, anima ao público a asistir a esta cita e apoiar o fútbol sala feminino.
Preferente Sur
Pazos de Borbén-Arealonga
Este martes de Entroido tamén haberá fútbol sala en Pazos de Borbén, xa que se completarán os 23 minutos que restaban por disputar do partido aprazado na xornada 17 pola condensación da pista. A cita é no pavillón municipal de Pazos ás 20.00 horas.