Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER propón recuperar a parcela de Vilavella para uso público

nave convento

A Agrupación pide que se consensue un proxecto sostible para a finca e rexeita o proxecto de “macroaparcadoiro” disuasorio defendido polo PSOE para a parcela anexa do convento de Vilavella por entender que “é totalmente desproporcionado e que outorga excesivo protagonismo aos coches, sen incluír practicamente zonas verdes ou de lecer, obviando totalmente o importante valor patrimonial, medioambiental e social no que se ubica”. Defenden recuperar a parcela para uso público con zonas verdes, estacionamento e unha aula interpretativa.

Entenden que se debe permitir nese espazo, actualmente ocupado por unha nave, o estacionamento de vehículos para dar solución ao problema de aparcamento na zona pero dun xeito moito máis reducido “apostando pola recuperación ambiental da entrada ao paseo do río Maceiras”. Inclúe, tamén, a instalación de servizos públicos, a creación dun bosque de ribeira e a recuperación da marxe dereita do río que linda coa parcela, que actualmente conta cun muro vertical de formigón.

O proxecto da Agrupación de Electores de Redondela contempla un aparcamento de 80 prazas -fronte as 150 que contempla o proxecto que manexa o goberno local- unha zona de estacionamento para bicis e motos, unha ampla zona verde, unha aula interpretativa ao aire libre, aseos públicos, zona con mesas, servizos para autocaravanas e unha ponte que comunique a zona co paseo do río Maceiras. Trátase de “recuperar este espazo para a veciñanza evitando facer un proxecto de cosas ao río, tal e como prevé o goberno de Rivas”.

A proposta complétase cunha aula interpretativa ao aire libre duns 150 metros cadrados onde se poidan impartir charlas e realizar actividades educativas. Será tamén o punto de partida de actividades relacionadas co río Maceiras e o seu paseo.

AER pide que se convoque unha comisión de Urbanismo e Infraestruturas para tratar e levar a consenso este proxecto entre todos os grupos políticos e aproveitar a oportunidade que supón este terreo para transformar de xeito sustentable un espazo de enorme interese para toda a veciñanza de Redondela. Aseguran que hai tempo para facer un proxecto ordeado e sustentable xa que, pese a que outros grupos da oposición e mesmo o goberno falan doutros tempos de execución, o certo é que a subvención contempla que a obra debe estar rematada en decembro de 2023.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará