Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela solidarízase con Ucraína: ábrese un punto de recollida de material de emerxencia no Multiúsos

refuxiados 2

En cuestión de horas xa foron moitas as persoas que achegaron as súas doazóns

A ONG DaMán en colaboración co Concello de Redondela veñen de poñer en marcha unha iniciativa que busca recoller alimentos e material sanitario que será distribuílo entre as persoas refuxiadas vítimas da guerra de Ucraína. As persoas que o desexen poden colaborar deixando estes produtos no punto de recollida establecido no Multiúsos da Xunqueira, aberto todos os días da semana ata as dez da noite.

Alimentos non perecedoiros (conservas, chocolate, café, té, arroz, aceite, sal, azucre, atún en latas, garavanzos e pasta) así como material médico e sanitario (vendaxes, gasas, betadine, auga osixenada, material ortopédico, analxésicos, antiinflamatorios) é o que máis se precisa neste momentos, así como mantas, toallas e xabóns. Pilar Martínez, presidenta da ONG explica que todo este material “que de seguro será moito, tendo en conta o carácter solidario dos redondeláns” pode depositarse xa no Multiúsos, insiste en que non se precisa roupa porque así llo fixeron chegar as ONG que traballan sobre o terreo.

Pilar Martínez, ONG Da Mán

A iniciativa xurde a raíz da propia petición de veciños e veciñas “querían colaborar, pero primeiro era preciso contar cun trasporte seguro que garantira que todo o recollido chegaba a onde era necesario, algo que se resolveu grazas a empresa de contedores de Vilagarcía”.

Dende o Concello a alcaldesa Digna Rivas fixo tamén un chamamento “á solidariedade que sempre caracterizou á veciñanza de Redondela e da que hai amplas mostras nos momentos máis difíciles” e animou ás veciñas e veciños a, dentro das posibilidades de cada un, a colaborar con ese punto de recollida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará