Co gallo da celebración do Día do Pai, a Asociación ven de iniciar unha campaña de promoción de vendas coa publicación dun catálogo online con ideas para agasallar. Todos os produtos pódense consultar na páxina web do colectivo empresarial.
Máis dun centenar de establecementos contan coa cartelería que da acceso a través dun código QR a un novo catálogo de produtos e servizos especialmente pensados para o Día do Pai.
A asociación quere amosar a variedade e especialización do comercio de Redondela a través da edición deste catálogo especial que xa está en marcha e que irá incorporando novidades diarias ata o día 19 festividade de San Xosé na que tradicionalmente se celebra o día do Pai.
O catálogo está integrado pro todo tipo de comercios, dende moda masculina, moda e produtos deportivos, reloxerías e xoiarías, entre outros.