O Multiúsos da Xunqueira acolle esta fin de semana dúas actividades para o tempo de ocio enmarcada tamén na semana da Muller na que elas serán as protagonistas. Así, o sábado con entrada de balde poderemos asistir ao monólogo “Ellas bailan solas” e o domingo subirase ao escenario Isabel Risco co seu espectáculo “Bravas”.
Arantxa Treus, Antía Costas e Jazmín Abuín son as protagonistas dos monólogos de humor que se poderán escoitar este sábado ás 20:00 horas no Multiúsos.
O domingo a cita será co espectáculo inipersoal no que Isabel Risco nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres. Bravas é unha produción teatral. un xogo desde o teatro cómico e comprometido no que se fai un repaso histórico pola nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII. Unha viaxe no tempo con paradas en diversas estacións, reparando nas pequenas e grandes historias protagonizadas polas nosas mulleres.
A cita o domingo ás 18:30 horas enamrcada no ciclo Vive o Teatro. A entrada custa 3 euros.