Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo gaña lonxe da casa

SarSiero

Nova vitoria como visitante para o equipo redondelán de División de Honra Prata. Impuxéronse por 28-30 ao Siero en Asturias. Peor sorte para os equipos locais de Primeira Nacional, o Rodosa Chapela perdeu na pista do Calvo Xiria e a SAR na do BM Cañiza.

Os tres equipos locais de categoría nacional xogaban fóra da casa, e só o Rodovigo conseguía un resultado positivo.

División de Honra Prata Feminina

Balonmán Siero 28-30 SAR Rodavigo

Logo da vitoria en Tenerife da pasada xornada, as de Verórnica Posada volveron demostrar a súa calidade lonxe da casa, nun partido no que foron de menos a máis. O equipo redondelán traballou arreo desde o comezo. Os axustes na defensa da segunda metade permitiron áo Rodavigo xogar con máis tranquilidade en ataque, e conseguiron remontar no marcador para sumar dous puntos fundamentais. Na próxima xornada dispútanse o SAR-Puerto del Carmen en Redondela.

Balonmán Primeira Nacional

BM Cañiza 26-22 SAR Plastic Omnium

Derrota para os redondeláns na Cañiza. Na próxima xornada recibe ao Seis do Nadal, un posto por riba da SAR

Calvo Xiria 31-21 Rodosa Chapela

Era complicado o desprazamento a Carballo, e os anfitrións puxéronllo moi difícil aos de Manuel Fernández. Na próxima xornada o Rodosa recibe en Chapela a outro equipo moi duro, o OAR, 2º na táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará