O home, de 62 anos de idade, foi sorprendido nun ciclomotor na estrada que comunica Redondela e Pazos de Borbén ao seu paso por Reboreda. Unha patrulla da Policía Nacional, que se atopaba na zona, foi quen lle deu o alto logo de decatarse da marcha errática do ciclomotor que conducía.
O home, que saída dun bar da zona, presentaba signos de atoparse baixo o efecto de bebidas alcohólicas polo que se procedeu a realizarlle a proba correspondente, deixando un resultado de 0,60mg/l, polo que se lle investiga por un presunto delito contra a seguridade viaria.