O Concello de Soutomaior convoca o vindeiro martes 22 unha nova cita enmarcada no programa “Aprendendo en familia”. Nesta ocasión a charla xirará en torno ao establecemento de normas e límites, prevención e intervención ante condutas violentas. Os asistentes aproximaranse aos diferentes estilos educativos para comprender as dinámicas familiares.
A actividade será o martes 22 en horario de 18:30 a 20:00 horas no Instituto de Soutomaior. Terán prioridade as familias con fillos escolarizados en calquera dos centros educativos do municipio, pero tamén está aberto a outras persoas interesadas. As prazas restantes serán outorgadas por orde de inscrición.
Esta nova cita ten como obxectivo dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para facer fronte aos problemas de convivencia que poden aparecer durante os anos da adolescencia. Para iso farase unha revisión didáctica sobre as diferentes formas nas que se manifesta a violencia intrafamiliar, as súas causas, síntomas e consecuencias, identificaranse os tipos de apego e as súas consecuencias relacionais.
Máis información na OMIX. Tel. 986700822 ou por whatsapp 638822868