Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Verónica Posada: “Afrontamos a recta final de liga con moita ilusión”

VeroSAR

Foto: Patry Rivas

A adestradora da SAR Rodavigo fai un balance moi positivo do seu primeiro ano á fronte do conxunto de División de Honra Prata. Verónica Posada estreábase en categoría nacional, e facíao cun equipo “moi curto” en canto a efectivos, e coa incorporación de xogadoras moi novas, mesmo xuvenís. A SAR, que foi de menos a máis, ten cumprido hai semanas o obxectivo da permanencia.

Verónica Posada, adestradora da SAR Rodavigo

Son novenas na táboa, e nas catro xornadas que restan buscarán acabar “o máis arriba posible”. Afrontan esta recta final “con moita ilusión” logo de ter mellorado tanto o xogo como os resultados nesta segunda volta. Nas dúas últimas xornadas tocoulles xogar lonxe de Redondela, e trouxeron dúas importantes vitorias de Canarias e Asturias. Consciente de que os partidos que quedan agora son ante rivais moi complicados, Posada amósase optimisma porque o equipo demostrou “que ten calidade para competir”.

O equipo ten unha recta final complicada con catro rivais de moito nivel

Esta fin de semana volven xogar na casa. Reciben en Redondela ao Puerto de Carmen, un rival duro, que ocupa o 5º posto na táboa. Con todo a adestradora confía en facer un bo partido, como xa fixeron nas illas, e agarda que o factor “campo” xogue tamén ao seu favor.

A SAR Rodavigo recibe este sábado ao Lanzarote Puerto del Carmen

Será o sábado ás 19.00 horas na Bomboneira

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará