A Danza das Espadas non sería o mesmo sen o acompañamento do baile das Burras e As Penlas. Unha tradición que precisa de implicación e da participacións das mulleres e as nenas da vila. Para garantir o relevo xeracional, máis difícil no caso das Burras que entre as cativas, faise un chamamento para que todas aquelas que queiran participar se acheguen o vindeiro sábado día 26 ao Multiúsos da Xunqueira en horario de 10:30 a 13:00 horas.
A festa da Coca conta con determinados elementos que a fan singular dentro das celebracións festivas, uns elementos que a fixeron merecedora de ser recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2011. Logo de dous anos de ausencia por mor do coronavirus, as festas da Coca deste ano queren recuperar unha das actividades principais desta celebración “a danza das espadas e o baile das penlas” cuxas orixes remontaríanse ao século XVI e que conforman un dos maiores atractivos desta cita festiva que este ano se celebrará na semana do 16 de xuño (xoves da Coca).
As que queiran participar deberán achegarse o vindeiro sábado en horario de mañá ao Multiúsos da Xunqueira. No caos das Burras non hai requisitos, si no caso das nenas que deben ter entre 4 e 6 anos.
Unha resposta
Hola, ofrecemonos Nena de 4 anos para penla e Muller de 35 para burra. Mais información por favor. Gracias.