O Concello organiza unha nova saída para coñecer o patrimonio cultural que terá lugar este domingo día 27 con saída dende a Capela de Santa Mariña ás dez da mañá. A actividade, que estará guiada polo arqueólogo Xurxo Constela da empresa A Citania, terá unha duración aproximada de tres hora e rematará no Monte de Baliza (monte Cabalar).
Unha actividade de balde aberta a toda aquela persoa que queira participar, está enmarcada dentro do programa de roteiro que organiza o concello e que continuará o 24 de abril cun percorrido pola beira oeste da Portela e o 29 de amaio cun roteiro que se desenvolverá en Rande, dende a Regasenda ata o Castelo.