A nosa bisbarra pechou o mes de mazo con 2428 desempregados, dos cales, 1523 serían veciños de Redondela. Unha cifra que contabiliza 58 desempregados menos que no mes anterior. Un bo comportamento do paro malia tratarse dun mes de mazo onde a área sufriu e moito o impacto da invasión rusa de Ucraína, que está afectando de cheo ás zonas de carácter industrial, e os parón do transporte.
De feito, tan só Redondela experimentou un incremento no número de desempregados, con 5 novas persoas anotadas na listas do INEM. Houbo descensos no resto dos concellos con 545 parados en Soutomaior, corenta menos que no mes anterior, 229 en Pazos de Borbén (-13) e 131 en Fornelos (-10) .