A cantante e compositora redondelá lanza este venres día 8 o seu novo traballo, un disco cargado de temas en galego onde bebe de diferentes fontes e que estaba preparado para ser lanzado antes da pandemia. Neste meses xa adiantou varios dos temas que inclúe o disco como “A Moura”, unha canción apegada ás súas raíces e onde Redondela está moi presente tanto na letra como no video promocional.
“Orixe” é un traballo moi elaborado e de estudio que estaba previsto fora lanzado antes da pandemia. “Un disco máis meticuloso respecto de traballos anteriores gravados en directo” explica Sheila Patricia e que ve a luz agora malia que foi xa adiantado co lanzamento dalgúns dos temas que o compoñen.
Encadrada na chamada world music ou músicas do mundo, explica que a súa base son sonidos tradicionais pero mesturados con sons moito máis modernos “eu sempre estiven moi a favor da fusión”.
Influencias da música latinoamericana, do fado e da música tradicional fusionadas con música moderna son a base deste disco no que continúa coa preocupación pola súa terra.
Conscientes de que o “fenómeno Tanxugueiras” está a facilitar que o público sexa máis receptivo á música en galego confía en que esta tendencia beneficie a música galega e a música feita en Galicia favorecendo que se abran portas no mercados nacional e internacional.