Daniel Barreiro expón a súa obra no Multiúsos ata o vindeiro 17 de abril. Unha actividades enmarcada dentro do programa do Artelixo que esta fin de semana continúa cunha nova proposta festiva na tarde do sábado día 9 nas Casas dos mestres de Redondela, con música e obradoiros para as crianzas.
Dentro do programa de actividades do Artelixo podemos achegarnos ata o vindeiro 17 de abril a exposición Obxectos de autor de Daniel barreiro. A vinculación deste veciño de Arcade co mundo artísticos repártese ao 50% entre a súa labor profesional como restaurador e o seu traballo creativo, con obras como as que podemos ver actualmente no Multiúsos. A partir de pezas que ten no seu taller vai creando pequenas esculturas onde atopamos obxectos tan cotiás como os bonecos dos clip de Famobil que lle serven para facer propostas do máis variado.
Precisamente o feito de que as súas obras estean realizadas con material reutilizado ao que Barreiro lles da unha segunda vida, foi o que fixo que o Artelixo contara con el para esta exposición.
Unha actividade máis que se ven sumar a ese percorrido polas obras que hai espalladas por diferentes rúas e prazas da vila, así como polos escaparates comerciais, e que este sábado propón unha nova xornada de actividades que se vai desenvolver na Casa dos Mestres.
O sonalixo anima a todos os que o desexen a subirse ao escenario e interpretar os seus temas musicais, haberá ademais unha actividade para as crianzas de estampación de camisetas e mochilas con elementos naturais. Cada quen ten que levar a súa camiseta o sábado ás 17:00 horas. A continuación quenda da proposta Plásticos Fóra!, unha actividade de sensibilización e concienciación ambiental presentada no ano 2021 no XXII Salón do libro infantil e Xuvenil de Pontevedra a cargo de Antón Ké. Enfocada en facilitar o entendemento da problemática dos residuos, sobre todo dos residuos plásticos a través dun conto, das cancións e dos xogos.