A actuación consistiu na plantación de especies autóctonas como castiñeiros, nogueiras, cerdeiras e acivros.
Ao longo deste curso alumnos e alumas participaron en distintas actividades para coñecer o patrimonio natural e etnográfico desa zona. Unha das últimas consistiu na plantación o pasado 7 de abril de árbores autóctonas no camiño da Fraga, unha zona de alto valor por ser un corredor ecolóxico segundo o Plan de Ordenación do Litoral e que supón un atractivo máis para as persoas que adoitan subir á Senda da Auga, a través da senda paralela ao río Fondón.
Así, o alumnado do IES Chapela colaborou na mellora deste entorno plantando especies autóctonas como castiñeiros, nogueiras, cerdeiras e acivros.
Durante este curso escolar o alumnado do IES de Chapela participou en distintas actividades para coñecer o patrimonio natural e etnográfico desta zona incluídas dentro do programa de educación ambiental Coidando do entorno e das persoas, financiado polo Concello de Redondela e que tamén se está levando a cabo noutro centro educativo do municipio.