Os traballos contaron cun investimento de preto dos 90 000 euros que serán sufragados con fondos propios do Concello a través do remanente de Tesourería
A Concellería de Vías de Obras vén de informar do remate dos traballos de Acondicionamento e mellora da estrada Santo Paio de Arriba e contorna, uns traballos que contaron cun investimento 89 865,22 € (IVE incluído) –sufragados con fondos propios do Concello a través do remanente de Tesourería– e que dan resposta ás demandas veciñais no referente á mellora da seguridade nesa estrada tanto para vehículos como para o tránsito peonil.
As obras realizáronse nun treito de 720,02 de lonxitude cunha largura media de 6,72 metros, que contaba cunha superficie de rodadura moi deteriorada polo que procedeuse a un recrecido con mistura bituminosa en quente. Cómpre salientar que se tivo especial coidado no estendido e compactado da capa de regularización para dar pendente continua e, dese xeito, evitar pozas no caso de choiva.
Así mesmo procedeuse ao desmonte do mobiliario urbano –posteriormente recolocado– e á regularización e formación de explanada en dúas zonas con zahorra para, posteriormente, estender e compactar unha capa de rodadura de 6 cm de espesor con mestura bituminosa en quente, incluíndo o preceptivo rego de adherencia.
A zona pavimentouse en todo o ancho da calzada, dende o límite das propiedades, muros e cunetas e a obra tamén incluíu a realización de traballos de mellora da drenaxe con arranxo das cunetas que atopábanse en mal estado, creación de novas cunetas, substitución de reixas deterioradas por outras novas e posta á nova cota das tapas de pozos e arquetas de rexistro.