Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local pendente do voto do BNG tras pechar un acordo con AER para os orzamentos

psoe+aer

O PSOE leva ao pleno de hoxe (20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira) os orzamentos municipais para este 2022. Un documento económico que o goberno de Rivas leva meses negociando cos grupos da oposición. Chegan a este debate con incógnitas sobre a mesa, xa que malia tar asegurado o voto a favor dos tres concelleiros de AER, tras formalizar onte un acordo de 17 puntos, necesitarían aló menos a abstención dos edís de BNG para que as contas saíran adiante.

A incorporación de criterios de sustentabilidade no aparcadoiro de Vilavella, coa construción dunha barreira natural ao longo do río e dunha franxa verde ao longo do mesmo de 15 metros de ancho así como tramitar os expedientes de penalidades iniciados á empresa Urbaser, son algúns dos acordos recollidos no documento asinado onte pola alcaldesa Digna Rivas e o voceiro de AER, Daniel Boullosa.

Uns compromisos por parte do goberno local cos que o PSOE se asegura o voto a favor de AER no debate que terá lugar hoxe en torno aos orzamentos municipais que, no caso de aprobárense, serían os primeiros orzamentos do goberno socialista neste mandato.

Un compromiso que inclúe un total de 17 puntos entre os que se inclúen tamén a contratación de memorias técnicas para a realización de 4 sendas peonís da Portela a meirande, do peirao a praia de Cesantes, a Telleira pola costa ou o paseo do Maceira ou a construción dunha área de autocaravanas na Avenida Mendiño.

Con todo, o apoio dos 3 edís de AER non é suficiente para garantir a aprobación destes orzamentos. Co non sobre a mesa dos nove edís do PP, o PSOE precisa cando menos da abstención do BNG. Unha formación que non fixo público cal será o seu posicionamento neste asunto, cuestión que se aclarará no debate de hoxe.

En caso de saír adiante o orzamento, Redondela contarían cus presupostos para este ano de máis de 20 millóns de euros (20.173.441) nos que se recollen partidas para diferentes obras como a rehabilitación do antigo conservatorio, o skatepark en Chapela, a rehabilitación do edificio das antigas vivendas dos mestres para a creación dun museo ou a construción dunha pistas de atletismo no IES San Simón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará