Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Berete Rock encherá de decibelios o paseo marítimo de Chapela

berete rock

A música de Leño soará na novena edición do festival da man da formación El tren, tributo a mítica banda liderada por Rosendo. Este é tan só un dos grupos dun cartel que completan Moon Cresta, Atreides, Nostromo e Motores, unha das bandas galegas máis recoñecidas no panorama rockeiro galego que actualmente está de xira de conmemoración do seu trinta aniversario.

Logo do parón dos últimos dous anos os organizadores regresan coa mesma forza de sempre nun evento centrado na música rock. De feito, o ano pasado malia que no verán as medidas sanitarias pola pandemia estaban máis relaxadas, obrigaban a facer os concertos co público sentado “algo sen sentido en Concertos de rock onde a xente baila e participa”. Decidiron ser prudentes e é agora cando regresan “con máis gañas ca nunca” cun cartel intenso onde atopamos a banda viguesa Moon Cresta que vén de gañar os premios Martín Codax na categoría de rock. Unha formación consolidada na nosa  bisbarra que se subirá ao escenario xunto a outro grupo “máis potente” como Motores “cunha longa traxectoria as súas costas dende a súa formación no ano 89  e que está agora a percorrer a xeografía na súa xira trinta aniversario”. Atreides, música potente con tres traballos ás súas costas e Nostromo, banda de rock duro vigués forman parte tamén dun festival do que nos falaba dende a organización Anselmo Prado.

Por último, El tren, banda de rock que dende o 2013 levan a música de Leño aos escenarios nun tributo fiel a banda liderada por Rosendo.

Cinco grupos que ofrecerán un intenso concerto dende as 21:00 horas ata as 3:30 horas da madrugada. Un festival no que, precisamente polo prolongado das actuación, fai difícil contabilizar o número de persoas que se achegan. “Hai un vaivén continuo de público” malia que estiman que no momento de maior concentración de xente reúnense nese paseo marítimo de Chapela ao redor dun milleiro de persoas.

Unha cita que engadía Anselmo, “é posible grazas ao colaboradores e á axuda do Concello de Redondela”.

De feito, dende a alcaldía salientan que “un dos grandes méritos do Berete rock é terse convertido nun festival con nome propio e cita imprescindible para os amantes dun xénero que non sabe de idades” apuntaba a alcaldesa Digna Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará