A Policía Local interviu no accidente
O accidente producíase ás catro e media da tarde do pasado luns na N-550, estrada que une Redondela co Porriño e na que colidían tres vehículos por causas que están a ser investigadas. Como consecuencia resultaron feridas dúas persoas veciñas da parroquia de Quintela e Vilar.
O sinistro tiña lugar cando un vehículo que se incorporaba dende a beiravía da rúa do Muro en dirección Redondela colidía de xeito fronto lateral contra outro turismo que viña circulando pola estrada. Como consecuencia perdería o control colidindo contra un terceiro vehículo, neste caso que se atopaba estacionado.