Regresa ás rúas de Redondela a “shopping night” un evento comercial da man da Asociación de Empresarios que terá lugar este venres e que contará con actuacións de maxia, unha ruta nocturna da man de Soledad Chayán e apertura das tendas ata a medianoite. Uns establecementos que ofrecerán os seus produtos a prezos especiais: descontos de ata un 70% nos produtos xa de rebaixas, mentres que na nova tempada atoparemos descontos en torno a un 10 ou 15%.
Os establecementos de Redondela preparan unha noite máxica de compras e diversión, na que comercio e hostalaría irán da man nun evento de venta nocturna na que o comercio terá un horario de apertura excepcional ata as 00:00h.
Os comerciantes e dependentes sorprenderán á clientela coa súa indumentaria con remachamantes chisteiras que impregnará de maxia os espazos comerciais e contarán cunha decoración especial para esa noite. As fachadas dos establecementos serán decoradas e as rúas e prazas tamén contarán con decoracións especiais. Ademais o Concello colaborará cun importante reforzo da iluminación especialmente das distintas zonas de concentración comercial para paliar así a deficiencias de iluminación e favorecer as compras e a accesibilidade aos comercios.
Unha noite de compras que se fai coincidir co primeiro día do Festival deArtistas de Rúa, aproveitando así a sinerxia que se produce entre ambos os dous eventos e completando as propostas cunha ruta nocturna para descubrir a Redondela máxica, da man de Soledad Chayán, guía oficial de turismo de Galicia.
As distintas zonas comerciais da Vila terán actividades como inchables, degustacións, sorteos. Cada establecemento comercial fixará as súas propias promoción e descontos e ademais e en exclusiva teremos a presentación do avance da nova colección en destacadas marcas de moda en distintos establecementos.
Unha actividade que busca promover a compra no comercio local en tempos especialmente difíciles
Todos os detalles das ofertas e promocións pódense atopar no facebook da Asociación de Empresarios.