Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vinte persoas formaranse nun novo obradoiro de emprego de Carpinteiría e Agricultura ecolóxica en Redondela

obradoio

A Xunta de Galicia vén de confirmar ao concello unha subvención de 503 987,00 euros para a posta en marcha da terceira edición desta acción formativa, Redondela Máis que Bela III. O novo obradoiro impartirase nas de Pousadouro e, ao igual que o recen rematado, contará coas especialidades de Carpintería e Vernizado e Forestal-Xardinería-Agricultura Ecolóxica, cun total de 10 participantes en cada un dos módulos.
A duración do proxecto será de 12 meses e as persoas participantes serán contratadas polo Concello a través dun contrato de formación. Para poder participar no proceso de selección é necesario que as persoas estean desempregadas, inscritas como demandante de Emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e que como mínimo teñan formación regrada suficiente para cursar un certificado de profesionalidade de nivel 2 (mínimo ESO ou equivalente).
As persoas interesadas poderán obter máis información no Teléfono 986402664, de 9:00 a 13:00 e nas oficinas do Servizo Público Emprego de Galicia, de Redondela e Chapela. Nestas últimas deberán solicitar expresamente o seu interese en participar no obradoiro dual de emprego.
A alcaldesa Digna Rivas amosou a súa satisfacción pola concesión desta axuda “que non fai máis que confirmar os excelentes resultados que están a obter os obradoiros que se desenvolven en Redondela e que superan, con creces, os mínimos de inserción laboral dos e das súas participantes” como se demostrou nos recentemente rematados Redondela Máis que Bela II e Redondela TIC II.
Lembrou a alcaldesa “as limitadas competencias” que os concellos teñen en materia de fomento de emprego, quedando case que cinguidas á formación, pero asegurou “que o Goberno local seguirá traballando para conseguir que, a través destas accións formativas, as nosas desempregadas e desempregados acaden unha formación óptima en materias que teñen unha alta demanda no mercado laboral”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará