A situación non é crítica e o abastecemento está asegurado, con todo, o encoro de Eiras, do que se abastece Redondela e outros concellos da bisbarra, atópase vinte puntos máis baixo respecto ao ano pasado cando a estas alturas estaba ao 90% da súa capacidade. A situación máis crítica vivírona estes días algunhas comunidades de augas, como a de Cedeira, parroquia na que houbo restriccións por culpa dunha fuga que xa foi localizada e permiu volver á normalidade. As comunidades de Reboreda e Quintela tamén afrontan situacións complicadas por diversos motivos.
O edil de Medio Ambiente, Alberto Álvarez asegura que a situación non é crítica pero tamén insiste na necesidade de nos concienciar ante a escaseza de auga e a prolongada seca que estamos a sufrir nas últimas semanas e meses. Unha falta de chuvias que se traduce nunha diminución notable na auga almacenada en Eiras, que se atopa a un 70% da súa capacidade.
Suspensión de baldeos e regos, que se reducen ao mínimo e tampouco se regan os campos de fútbol . Con todo, insiste o edil en que o máis importante é “a concienciación por parte de todos”.
En canto ás comunidades de augas, houbo restriccións graves en Cedeira que veñen de ser subsanadas tras localizarse unha fuga que facía que se baleiraran os mananciais “foi unha empresa especializada a que localizou o lugar da avería o que fixo posible que volverán a normalidade nesta parroquia”.
Tamén en Reboreda hai restriccións por un problema no depósito que están tratando de subsanar. Finalmente en Quintela están valorando tamén a necesidade de servir auga a algunas casas, en concreto a aquelas as que non chega o subministro ao non estar o depósito ao 100%.
A esperanza está posta na posible chega das chuvias de cara a vindeira semana. Unhas precipitacións máis necesarias ca nunca ante a seca prolongada dos últimos meses.