Axentes da policía local de Redondela interceptaron na madrugada do luns un condutor que circulaba pola parroquia de Quintela ao volante dun coche dado de baixa e sen contar con carné de conducir.
Unha patrulla da Policía decatouse da presenza do vehículo e tras comprobar a matrícula certificou que estaba dado de baixa, polo que procederon a darlle o alto ao condutor. Unha vez solicita a documentación comprobaron que este veciños de Redondela non tiña o permiso en vigor, xa que lle fora retirado tras perder todos os puntos.
O condutor está acusado dun delito contra a seguridade vial e será sometido a un xuizo rápido en Redondela.