Algunha das actividades xa se impartiu no inicio do ano
“Coidate para coidar” e “Mantén activa a túa mente” son dúas das actividades que realizaron no curso pasado coa participación de 70 persoas. Como novidade este ano organizan un curso de “Tik Tok interxeracional” que se vai desenvolver na asociación veciñal da Miñoteira en Ventosela, e ao que están chamados a participar mocidade e maiores. O prazo de inscrición para calquera das propostas mantense aberto ata o mércores21 e pódese formalizar no correo formación@fundacionformavigo.com ou no tf: 600 060 146.
O curso orientado a persoas coidadoras ofrécese no Centro cultural de Cabeiro, os martes ás 16:30 h no Centro cultural A Miñoteira de Ventosela, os martes ás 18:30 h. e na Asociación cultural e deportiva Cidadelle, os mércores ás 20:30 h. “Cóidate para coidar” busca ser un espazo de información, asesoramento, escoita activa e acompañamento ás persoas que teñen a persoas dependentes ao seu cargo. Ofrecerase sesións individuais e grupais, convidarase a persoas expertas sobre distintas temáticas e buscarase crear unha rede de apoio para facilitar as necesidades que teñan as familias.
Por outra banda, “Mantén activa a túa mente” é o obradoiro de estimulación cognitiva onde as persoas maiores traballan todas as áreas cerebrais, para así retrasar o deterioro cognitiva a través do fomento do envellecemento activo que se realiza semanalmente en Cesantes, Cabeiro, Negros, na Asociación cultural e deportiva Cidadelle en Chapela, na Miñoteira de Ventosela e na Asociación de mulleres rurais ARELA Saxamonde.
E como novidade, teñen en marcha unha nova proposta “Tik Tok interxeracional” que busca que maiores e mocidade se atopen a través dun espazo onde poidan compartir coñecementos e saberes, onde os maiores aprenderán a facer vídeos co apoio da mocidade. Esta actividade a desenvolveremos en Ventosela na Asociación veciñal A Miñoteira. Os xoves de 18:30 a 20:30.
O prazo de inscrición para todas estas propostas remata o mércores 21 de setembro. As persoas interesadas poden contactar a través de: formación@fundacionformavigo.com ou no tf: 600 060 146.