Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES de Chapela promove a senda verde como alternativa ao coche

chapela dia sen coche

O alumnado do IES de Chapela realizou este xoves, día 22 de setembro unha camiñata pola senda verde que une a antiga estación de trens de Chapela con entorno de Vialia en Vigo para reivindicar o Día sen Coche.

A camiñata levouse a cabo polo alumnado de 2º e 3º da ESO, así como por unha parte do profesorado do centro co obxectivo de reivindicar un mundo máis sostible promovendo o uso doutras vías de transporte.

Dende o IES de Chapela mostramos unha intención clara na protección do medio ambiente, tanto con esta iniciativa, así como con outras que se van a implementar nos próximos meses, como vai ser o caso daquelas relacionadas cun consumo de produtos de proximidade, que sexa máis responsable e respectuoso co medio, así como cun novo proxecto de reciclaxe que irá dirixido tanto ao alumnado da ESO como do Bacharelato.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará