Unha iniciativa da Asociación de empresarios de Redondela en colaboración co Concello que busca impulsar o pequeno comercio en a que participarán un total de 30 establecementos que ofrecerán os seus produtos con descontos e ofertas importantes, de ata 0 70%, nunha feira que se desenvolverá os días sábado 1 e domingo 2 de outubro na Alameda.
Moda, calzado e complementos supoñen o 70% da oferta nesta feira na que tamén poderemos atopar alimentación, vehículos, agro, xardín, decoración e beleza de benestar. En total 30 establecementos que “achegarán as mellores oportunidades a esta feira anual” ofertando os seus produtos a un prezo máis económico a toda a clientela que se achegue a Alameda na primeira fin de semana de outubro.
Os descontos máis apetecibles chegarán a 70% pero haberá outro tipo de ofertas dependendo de cada un dos comercios.
A recuperación de actividades e zonas de ocio infantil será outro dos atractivos deste evento que combinará compras, diversión e premios. Os premios: A gran sorpresa está reservada á xornada dominical na que se sortearán 1.000€, en tarxeta de compra de 30€ e 50€ da man da Campaña “Comprar no teu comercio ten premio” que se realiza en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Durante a mañá do domingo instalarase unha carpa na que a clientela poderá trocar todos os tickets de compras superiores a 10€ realizadas durante a semana do 26 de setembro ao 1 de outubro por participacións para o sorteo que terá lugar esa mesma mañá sobre as 13:30h.
A maiores haberá zonas de xogos infantís e tamén un servizo de ludoteca para facilitar que as familias poidan facer as súas compras.
A alcaldesa Digna Rivas anima á veciñanza a achegarse a un evento que “é moi esperado pola veciñanza e que supón retomar a normalizade tamén no ámbito comercial”.
O Concello colabora neste evento cun importante despregamento de medios humanos para dotar ao recinto de servizos como iluminación, limpeza, coordinación do tráfico e as actuación musicais que terán lugar no espazo feiral. Ademais, para mellorar e facilitar a accesibilidade a Redondela está a procurar habilitar zonas de aparcamento especial na zona de Vilavella que potenciarán o paseo por toda a vila ata o recito feiral e o canxe de tickets de compra por horas de parking gratuíto. O canxe dos tickets de compra por parking poderá realizarse no stand informativo do recinto feiral. Esta promoción permitirá á clientela aparcar gratis mentres realiza as súas compras na feira e estará activa ata esgotar as existencias da promoción especial que se realizará con motivo da celebración da Feira de Oportunidades.