O premio, dotado con 1500 euros, quere ser un recoñecemento as e os profesionais que, ademais de informar sobre a violencia machista, fuxen do sensacionalismo e coidan a intimidade das vítimas. O prazo amplíase 17 días naturais, polo que as persoas interesadas poderán presentar os seus traballo ata o 17 de outubro. Consultar as bases.
O Premio está aberto aos traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, reportaxes etc.) sen límite de extensión e que fosen publicados, en medios escritos (diarios, revistas ou medios dixitais acreditados), radio ou televisión, entre o 1 de setembro de 2021 e o 31 de agosto de 2022 e que deberán ser presentados antes do 17 de outubro do 2022.
Amais dos profesionais de xeito individual, tamén poderán presentar propostas e candidaturas os xornais, radios ou televisións. Neste caso, de resultar premiado o traballo, a beneficiaria e quen recibirá o premio será a persoa autora do traballo. Só se poderá presentar un traballo por persoa.
Os traballos poderán presentarse en lingua galega ou castelá, pero valorarase con maior puntuación os realizados en lingua galega por ser o seu uso minoritario no ámbito xornalístico e tendo en conta que “Redondela foi sempre pioneiro no uso, potenciación e espallamento da lingua galega”