Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER propón unha exposición itinerante para implicar á cidadanía contra a violencia de xénero

25n

A Agrupación critica que ningún grupo político participase esta semana no Consello Municipal da Muller convocado para elaborar propostas ante o 25 N, xuntanza á que si asistiron diferentes colectivos sociais e á que achegaron unha batería de 10 actuacións concretas para desenvolver de cara a conmemoración do Día Internacional eliminación da violencia contra a muller.

No plan proposto por AER destaca unha mostra colectiva baixo o lema “Redondela rexeita a violencia machista”, e na que participarían centros educativos, sociosanitarios, residenciais ou de atención diúrna de maiores, asociacións ou centros culturais, co fin de involucrar aos cidadáns a tomar parte nela. As mensaxes e ilustracións feitas polos redondeláns dentro desta acción formarán parte dunha exposición colectiva itinerante polas sedes sociais e culturais .

Tamén suxiren que se leve a cabo unha enquisa sobre a violencia machista no concello de Redondela e que sexan os profesionais dos servizos sociais quenes a desenvolvan.

Entre outras actividades, coa fin de achegar a mensaxe a todo tipo de público e idade, a Agrupación propón tamén, para adolescentes, a edición de vídeos curtos para sensibilizar sobre a desigualdade da muller, a educación emocional ou sexual para adolescentes, ou a educación para a igualdade e non discriminación en todos os centros educativos e, especialmente, nos IES. Tamén nos centros, AER charlas e ciclos de conferencias nas que se traballe o pensamento crítico e previr situacións de desigualdade a causa do xénero así como un consurso de graffitis cunha mensaxe feminista para proxectar en espazos públicos. E, para os máis pequenos, a proposta inclúe contacontos con base feminista que formen parte dun programa na biblioteca municipal.

Dirixido á toda a poboación, o plan de AER inclúe pequenas intervencións e mostras co obxectivo de previr situacións como a expotación sexual das mulleres, micro machismos, violencia dixital, etc.

AER pide, ademais, que o Concello de Redondela se sume á campaña “En negro contra as violencias”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará