O xogador portugués foi o último en incorporarse ao equipo e debutaba a pasada xornada co equipo choqueiro nun encontro disputado en Santa Mariña
Diogo incorporouse case a finais da pretempada á disciplina de Juan Amoedo, logo de estar a proba no Coruxo FC. E este domingo pasado, Diogo Alexandre Pedrosa, lateral esquerdo, lograría debutar no partido correspondente á 3ª xornada da Terceira RFEF contra o Silva SD.
O xogador asegura que a sensación nese encontro foi moi positiva e recoñece sentirse sorprendido polo ambiente das bancadas de Sta Mariña “encantoume ver o estadio case cheo pois xogar así con ese entorno é asombroso”.
Malia que non leva moito co equipo, xa que foi a última incorporación ás filas choqueiras, amósase “feliz” porque un dos seus sonos era poder xogar en España polo que chega con ganas de “dalo todo para poder mostrar o meu valor. Son un xogador moi comprometido e moi loitador”.
Logo deste tempo co equipo, asegura estar “moi a gusto co equipo, que me recibiu moi ben dende o primeiro día” razón pola cal “estou moi agradecido porque pensei que sería máis compricado adatarme, pero coa axuda de todos logrei facelo pronto”.