A biblioteca de Redondela organiza o vindeiro sábado, 8 de outubro, o espectáculo “Astrolabios“, da compañía Tarabela Creativa, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira (Redondela), ás 19:30 horas.
“Astrolabios” é un espectáculo cósmico de narración oral para toda a familia, a partir de sete anos, no que o público coñecerá o espazo, as estrelas, os planetas,… con entrada libre e de balde e sen necesidade de inscrición previa.A actividade desenvólvese dentro do Programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia,
Astrolabio é unha palabra que vén do grego e que significa “buscador de estrelas”. É un aparello que se inventou no século II a. C. Nesta sesión de contos para público familiar , falarase do nome das estrelas, das súas agrupacións en constelacións, a mitoloxía tras delas, os ciclos da lúa, a súa influenza nas mareas e nos tempos da terra, descubriranse as estrelas nómades, que outras veces choven, que nos marcan o norte, que non vemos as mesmas se cambiamos de hemisferio na noite…