Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recolle máis de 4.000 kilos de tapóns solidarios en seis meses

tapóns

Os contedores de tapóns con forma de corazón que están ubicados en diferentes puntos do concello, tanto no centro da vila como en Chapela, recolleron no primeiro semestre do ano a mesma cantidade que en todo 2021. A xestión deste contedores corre a cargo das asociacións Lenda e Andaina. O Concello anuncia que tras o éxito da iniciativa instalaranse novos puntos de recollida.

A posta en marcha dos catro primeiros colectores de tapóns, dous instalados en Redondela e outros dous en Chapela, permiten que as asociacións de carácter social Lenda e Andaina “poidan obter uns ingresos adicionais e que as persoas da asociación desenvolvan unha actividade máis ao encargarse da xestión dos contedores e da recollida dos tapóns”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

O concelleiro de medio Ambiente, Alberto Alvarez explica que a recollida foi apumentando paulatinamente ata chegar aos 4.162 kilos nos premeiro semestre deste ano, o que supón igualar o que se recollera en todo o 2021.

Unha actividades que  supón tamén un aliciente para os usuarios das asociación beneficiarias que son os encargados de clasificar o plástico. De feito veñen de solicitar que se incremente o número de recipientes, petición que foi recollida pola Concellería de Medio Ambiente cuxo responsable comprometeuse a colocar alo menos dous colectores máis de cara a Nadal.

A alcaldesa Digna Rivas quixo trasladar ás dúas asociacións o agradecemento de toda a cidadanía de Redondela “polo seu traballo incansable e solidario a prol das persoas que máis o precisan, labor para a que sempre poderán contar coa colaboración deste Goberno”, concluíu

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará