A actividade terá lugar este xoves 17 de novembro no Multiúsos ás 18:30 horas e na mesma abordaranse temas vencellados coas identidades sexuais. Unha charla que está enmarcada dentro do programa de educación sexual dende as familias que organiza a ANPA do CEIP Plurilingüe Portocabeiro.
Esta actividade, que se realiza en colaboración co Concello de Redondela, está aberta a todas as familias que queiran participar. Na mesma trataranse termos xerais da educación sexual, centrándose no apartado das identidades sexuais. Esta formación se engloba nun conxunto de actividades do programa de igualdade, que conta coa financiamento da secretaría xeral de igualdade e co co-financiamento do pacto de estado contra a violencia de xénero. Entre outras propostas a Anpa desenvolve formación en igualdade para pais en nais do alumnado do CEIP plurilingüe Portocabeiro, formación en igualdade para o alumnado a través do libro mullerandum, no que se recoñece a mulleres que aportaron os seus descubrimentos e tamén as súas accións para a transformación do mundo en campos diferentes, como a ciencia, a cultura e as humanidades.