A biblioteca Xela Arias de Chapela organiza o mércores 23 ás 18:00 horas unha actividades orientada a público infantil e enmarcada na programación do Concello de Redondela polo 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Un obradoiro que servirá para desmontar as realidades e construír unhas novas a través da reflexión e da palabra, da man do escritor, divertido e sorprendente, Miguel A. Alonso Diz, en palabras da responsable da biblioteca Mª José Villar.
Xogos poéticos, malabares coa palabra, desde os que atopar a reflexión sobre a violencia de xénero, a cousificación do corpo ou o acoso contra as mulleres, serán parte da experiencia na que mozos e mozas de 8 a 12 anos poderán participar, previa inscrición na biblioteca de xeito presencial, a través do teléfono 986-454-226 ou no correo bibliotecachapela@redondela.gal