Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cristina García López recibe o premio Sesé Mateo por un traballo en torno a submisión química

cristina garcía

A gala de entrega do premio celebrarase eseá 25N ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira nun acto presentado pola actriz Arantxa Treus e que contará intervención da escritora Eva Mejuto e a actuación musical de Su Garrido Pombo. A programación do Dia Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres arrancará ás doce do mediodía co acto institucional ás portas do Concello.

A xornalista Cristina García foi a galardoada co ‘II Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da Violencia Machista’ convocado polo Concello de Redondela e co que se quere recoñecer publicamente a ética á hora de tratar informacións tan sensibles como as relacionadas coa violencia machista, fuxindo de sensacionalismos e coidando a intimidade das vítimas e as persoas sobreviventes máis vulnerables.

Recibirá o galardón polo capítulo ‘Mentres dormes’, do seu podcast ‘Superando a ficción’, que afonda nas violacións por submisión química. A través da historia persoal da directora británica Michaela Coel, García López explica os antecedentes deste tipo de violencia, da que comezamos a escoitar falar hai relativamente pouco tempo.

A entregado premio terá lugar ás 20:00 horas nun acto aberto que se desenvolverá no Multiúsos da Xunqueira nunha xornada que arrancará xa as doce do mediodía e que contará coa presentación do libro “Bambú” de Isabel Blanco na praza do concello e a posterior ofrenda floral e lecturas de poemas no Salgueiral.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará