O Club Deportivo Choco informa da decisión da Xunta Directiva de destituír ao que foi o seu técnico nas dúas últimas tempadas, o adestrador Juan Amoedo. Á espera de incorporar un novo técnico anuncian tamén que ao fronte do equipo queda o actual adestrado do Xuvenil A, Hugo Álvarez.
O club quixo agradecer no seu comunicado “o traballo realizado por Juan Amoedo e o seu Corpo Técnico e, sobre todo, o seu sentimento cara o club e o escudo” desexándolle tamén “as mellores das sortes no seu futuro deportivo e persoal no que esperamos sexa unha longa e exitosa carreira”.
A destitución chega logo dos resultados colleitados polo equipo en Terceira división, tras sumar tan só sete puntos nas primeiras nove xornadas e atoparse en postos de descenso.