Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O TSXG confirma a validez da ampliación de Aucosa

aucosa

A sentenza, ditada o pasado 10 de novembro polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, estima o recurso interposto por Aucosa e o Concello de Redondela fronte a decisión do Contencioso Administrativo número 2 de Vigo que nun primeiro momento anulaba a licenza outorgada a esta sociedade. En todo caso, esta sentencia beneficia a Wofco, empresa que mercou estas instalacións tras declararse Aucosa en concurso de acredores.

Unha decisión do Tribunal Superior que chega nun momento no que a polémica empresa Aucosa, dedicada ao procesamento de fariñas de peixe e que tantas protestas veciñais tiña causado na cortorna polos malos cheiros e a suposta contaminación que provocaba, xa non está operativa. Por ese motivo, será Wofco quen se beneficie desta sentenza que confirma a legalidade da licenza outorgada no seu día a súa predecesora para a ampliación e modernización das súas instalacións en Rande.

En declaracións a La Voz de Galicia, os responsables de Wofco formulan a súa intención de trasladar a este espazo as súas oficinas que actualmente están en Teis así como adaptar as instalacións e contruir unha planta frigorífica con capacidade para 80.000 palés. O obxectivo sería realizar unha actividade de produción e comercialización de produtos pesqueiros. Actividade que xa non contaría co posicionamento en contra dos veciños unha vez que se eliminan os malos cheiros que tantos prexuizos provocaban entre os veciños da zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará