Malos tempos son os que corren para o CD Choco que este domingo caía ante o UD Paiosaco por 1-3. Un partido, primeiro tras a destitución de Juan Amoedo como adestrador, que os visitantes sentenciarían xa na primeira metade.
Na primeira metade, o CD Choco entrou ben no partido. Cando tiñan o balón o equipo facía dano ao rival pero non eran quenes de finalizar por dentro da portería defendida por Buggy. De feito a primeira máis clara a tería Adrián, no minuto 6 cun remate de cabeza; máis 3 minutos despois tras un erro defensivo Cristian rompería a saca a favor dos seus.
Co 0-1 no marcador, o CD Choco seguía loitando por levar o control do partido con boas chegadas ao área rival, logrando Felix o empate a un tantos, máis en dous minutos, no 27 e 29 Javier e Jorge, porían por diante aos seus, chegando ao tempo de deescanso cun resultado de 1-3 en contra.
Xa na segunda metade, aínda que o CD Choco posuía o dominio do balón cada vez que recuperaba o Paiosaco o esférico xeraban moito perigo. Os redondelás tiveron ocasión de reducir distancias dende o punto de penalti pero Cora faiaria truncando así a posibilidades de sacar algo positivo deste encontro. Algunha ocasión máis tería o equipo choqueiro pero finalmente o resultado foi o de 1-3.
Un resultado que coloca ao CD Choco no último posto da táboa. O novo adestrador, Hugo Álvarez salientou a necesidade de seren autocríticos para tentar sair da situación na que se atopa o equipo.
Na vindeira semanateñen un complicadísimo partido, xogan fóra e fano na casa do líder da categoría, o Fabril.
Ficha técnica:
Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Ronald, Diogo, Yago Vázquez, Juanma Justo, Comis, Monroy, Félix, Adri, Berni e Ube. Tamén xogaron Anxo Vilas, Kopa, Cora, Toni e Rubén.
UD Paiosaco: Buggy (p), Chans, Pablo, Martín, Cristian, Javi Sande, Eiroa, Fer, Raña, Juanma, Casariego. Tamén xogaron Jose Moure, Jose R, Mauro e Bilal
Goles: 0-1 Cristian (9’), 1-1 Félix (12), Javier (27’) e Raña (29’)
Primeira Galicia
Arcade 2-2 Guardés
Reparto de punto no campo do Arcade logo de empatar a dous tantos co guardés. Na vindeira semana defenderá a súa sexta praza no campo do Caselas, decimoterceiros.
Segunda autonómica
Cesantes 2-1 Campañó
Nova vitoria para o Cesantes que se medía cun rival directo , Campañó e se facía cos puntos en xogo tras un partido que remataba co resutlado de 2-1. Na vindeira semana xogan no campo do Amanecer.
Soutomaior 2-0 Romay
Tamén nova vitoria para o Soutomaior que se mantén na terceira posición do grupo e recibe na vindeira semana ao Cerponzón, décimos da categoría.