O Redondela Maramar golea ao pechacancelas cunha contundente vitoria por 10-1 mentres que o Pazos FS tamén na terceira categoría caía ante o Vigo 2015 por 7-3. En Preferente non souberon os de Chapela aproveita a vantaxe de xogar na casa e perderon pola mínima ante o Pizarras los Tres Cuñados.
Redondela Maramar 10-1 Outeiro de Rei
O Fútbol sala Redondela colleu aire logo do partido disputado esta fin de semana ante o Outeiro de Rei e que rematou cun avultado resultado de 10-1. Na vindeira semana desprázanse ao campo do Beade Copefri.
Vigo 2015 7-3 Pazos FS
Pola contra, o Pazos rompeu a súa boa racha ao caer ante o Vigo 2015 por 7-3. Derrota no campo das Travesas nun encontro ante un bo rival que os superou en xogo e intensidade durante toda a primeira parte para chegar ao descanso cun 6-1 que parecía sentenciar o encontro .
Na segunda parte mellorou o Pazos pero fallaron á hora de tirar a portería e non souberon aproveitar a superioridade numérica trala expulsión dun rival.
Na vindeira semana teñen ademais un rival potente, reciben en Pazos ao Carballińo FS, partido no que segundo e terceiro clasificado mediran as súas forzas.
Campito Chapela 3-4 Pizarras Los tres cuñados
Non souberon os de Chapela aproveitar a vantaxe de xogar na casa e perderon ante o Pizarras Los tres Cuñados. Na penúltima praza da categoría, o Campito xoga na vindeira semana no campo doutro equipo necesitado de puntos, o Coperfi Cereixa Gondomar (12)