Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xincana de xogos en familia para fomentar a corresponsabilidade nas tarefas do fogar

corresponsablidad

A Concellería de Igualdade abre o prazo para se inscribir nunha  xincana que se desenvolverá o luns 5 ás cinco da tarde no Multiúsos da Xunqueira e o venres 9 no Multiúsos do Piñeiral, tamén no mesmo horario, de 17:00 a 19:00 horas. Dende este departamento organizan tamén un curso de formación en corresponsabilidade, igualdade de xénero e novas masculinidades enfocado neste caso ao persoal funcionario do Concello.

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela lanza un porgrama de actividades co apoio da Xunta de Galicia, dentro do “Plan corresponsales”, enfocadas a toda a familia para o fomento da corresponsabilidade no que se inclúe unha xincana aberta ao público que se desenvolverá nos multiúsos de Redondela e Chapela en horario de 17:00 a 19:00 horas. A actividade consiste nunha xincana na que pode participar toda a familia na que deberán entre todos desenvolver tarefas como pasar o ferro ou cociñar. Empregarase metodoloxía dinámica e participativa para que a rapazada aprenda e practique labores básicas da convivencia no fogar. A inscrición está aberta ata completar prazas (Redondela 986402865 e Chapela 986454226).

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que “ten como obxectivo a sensibilización e a formación en corresponsabilidade e coidados destinadas ás familias para promover a perspectiva de xénero e fomentar a corresponsabilidade no ámbito de coidados”.

A outra das actividades dentro do mesmo programa consiste nun curso de formación en corresponsabilidade, igualdade de xénero e novas masculinidades enfocada ao funcionariado do Concello. A duración será dunha sesión de hora e media, nas que un profesional dará unha charla e estará aberto as cuestións dos traballadores e traballadoras sobre a perspectiva de xénero.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará