Nova derrota para o CD Choco que segue afundido no pozo da táboa logo de perder na súa visita a Abegondo. Partido complicado, contra o líder da categoría, o Fabril, no que os de Redondela caían por 3-1. A vindeira cita será contra outro rival complicado, xogan en Santa Mariña e reciben ao terceiro, o Arosa.
Deportivo Fabril 3-1 CD Choco
Por terceira semana consecutiva o Choco segue relegado ao último posto da terceira división. O equipo, malia o cambio de adestrado, segue sen coñecer a vitoria, malia que si ofreceron batalla ante o líder.
Arrancou o Deportivo Fabril xa dominando o xogo ante un rival replegado atrás. Sería Martín Ochoa o encargado de adiantar aos locais no minuto 38 logrando o 1-0 co que se chegaría ao descanso. Na segunda metade foi Diego Gómez quen aumentou a vantaxe no marcado dende o punto de penalti. Con todo Monroy lograría o gol dos choqueiros no minuto 54, un tanto que daría forzas ao Choco para buscar o empate. Con todo, no tempo de desconto chegaría o definitivo 3-1 para os anfitrións. O Choco tentará sumar algún punto na próxima xornada cando reciban ao Arosa.
Primeira Galicia
Caselas 1-2 Arcade
O Arcade logrou a vitoria na súa visita ao campo do Caselas, nun partido que rematou co resultado de 1-2. Na vindeira cita os de Arcade defenderán a súa sexta posición ante o Alertanavía, segundo do grupo.
Segunda autonómica
Amanecer 0-2 Cesantes
Vitoria para o Cesantes que lograba facerse co partido no campo do Amanecer. Na decimoterceira posición, reciben na vindeira cita a un rival directo, o Figueirido.
Soutomaior 2-0 Cerponzóns
E vitoria tamén para un Soutomaior que se sitúa na terceira praza e que visita no vindeiro partido o campo do quinto, o Caldas.