Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Condenada a un ano de cadea a muller que atropelou mortalmente a un motorista en Redondela

accidente

O accidente tivo lugar en xuño de 2021 cando a condutora realizou unha manobra prohibida na N-550 cando saía de repostar na gasolineira Repsol nas inmediacións de Redondela cara a Pontevedra.

Un ano de cadea e un ano tamén de retirada de carné de conducir é a condena que aceptou no Xulgado do Penal 1 de Vigo unha condutora acusada dun delito de homicidio por imprudencia grave.

Os feitos tiveron lugar nas inmediacións da gasolineira da N-550 cando a muller se reincorporou á estrada tras botar carburante realizando unha manobra que estaba prohibida. O vehículo atravesou a calzada malia haber liña continua co obxecto de dar a volta e dirixirse cara a Vigo. O fiscal sostén que o fixo saltándose un stop e sen decatarse de que viña unha moto, vehículo que ía a máis velocidade do permitido e que non puido evitar a colisión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará