Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela insta á Autoridade Portuaria a paralizar as actividades industriais na explanada de Rande

rande

O goberno local súmase así a petición da Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón quen semanas atrás xa denunciara unha nova actividade no antigo peirao da Pedra que se está a usar como almacenamento de coches por parte da empresa Stellantis. Unha actividade que se ven sumar ao uso que a empresa Terminales Atlánticas Vigo está a facer do antigo cargadoiro de granito para depositar contedores. Actividades autorizadas pola Autoridade Portuaria pero que carecerían da correspondente licencia municipal.

O Concello rexeita, unha vez máis, converter o Estreito de Rande, nun espazo industrializado e amosan o  seu “profundo malestar” ante o que cualifican de “política escurantista” da APV que, “en ningún momento  informou ao Concello das actividades de almacenamento no antigo cargadoiro de granito de Rande cedido a empresas privadas como Terminales Atlánticas Vigo, S.L. e no Peirao de Pedra pola empresa Stellantis”.

No referente ao almacenamento de vehículos lembran dende o goberno local que ademais do risco medioambiental da actividade está  “o risco que provocan as manobras de xiro que fan os camións de descarga na N-552, invadindo o carril de dirección contaria nun tramo de pouca visibilidade”, explica a alcaldesa, Digna Rivas.

Isto supón un risco tanto para condutores que usan esta estrada como para os peóns que circulan pola beiravía debido a que non existen na zona beirarrúas e na proximidade hai un centro de ensino que tamén orixina intenso tránsito de transporte escolar.

O goberno local ten previsto reunirse coa Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón co obxecto de abordar esta problemática así como sumar forzas e demandar a paralización inmediata desta actividade e a retirada dos vehículos xa estacionados.

Ninguneo ao concello

Unha situación á que hai que sumar o informe medioambiental do 16 de decembro, no que se recolle as consecuencias dos vertidos provocados polo portacontedores Wec Vermeer, retido ata o mércores 21 de decembro no muelle situado en Punta Castiñeira, en Rande. “Este informe enviado a Autoridade Portuaria de Vigo non tivo resposta e non imos consentir o desprezo constante ao concello, polo que tomaremos as medidas necesarias”, afirma Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará