Os estragos causados polos temporais do pasado Nadal na provincia de Pontevedra esixen dunha resposta inmediata por parte dunha Xunta de Galicia que non pode seguir eludindo as súas competencias. Así o acordaron os alcaldes e alcaldesas e tenentes de alcalde/sa dalgúns dos concellos máis afectados, reunidos onte en Tui nun “cumio” organizado polo secretario xeral provincial, David Regades, e a presidenta do PSdeG, Carmela Silva. Regades, secretario xeral provincial, reclamou que a Xunta “deixe de botar balóns fóra” e declare de inmediato a situación de emerxencia de interese galego, é dicir, da figura legal que ampara o reparto das axudas directas tanto á veciñanza como aos concellos.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto cos seus homólogos, destacaron que tan só en 2016 a Xunta aplicou esta previsión da Lei de Emerxencias para repartir axudas para paliar os danos da vaga de lumes, pero daquela as subvencións foron moi escasas, pouco transparentes e chegaron a moi pouca xente.