O partido popular recolle as queixas das Anpas “porque 122 días despois de que comezara o curso escolar, o goberno siga sen dar a coñecer a lista de nenos e nenas que recibirán as axudas de comedor”.
As Anpas aseguran que “están desesperadas” porque a día de hoxe as familias descoñecen se van recibir esa subvención. Engaden ademais que non son quen de contactar cos Servizos Sociais “non nos collen o teléfono cando chamamos a Chapela e tampouco en Redondela”.
Dende o PP aseguran que xa alertaran desta situación pedindo explicacións ao goberno de Rivas e acusan a alcaldesa de “seguir centrada en agocharse tras anuncios propagandísticos e fotos na vez de solucionar os problemas da veciñanza, todo iso con silencio cómplice dos seus socios que a auparon á alcaldía”.