Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reguera confirma que o parque da diversidade de Arcade non se trasladará

parquediversidade

O alcalde de Soutomaior desminte as afirmación do BNG quen aseguraban que a construción do novo skate park obrigaban a trasladar a outro espazo o parque inaugurado hai menos dun anos. Agustín Reguera ,asegura que a ubicación do novo skate permitirá que ambas instalacións compartan espazo no centro de Arcade.

O Parque da Diversidade de Soutomaior inaugurado en maio do pasado ano como novo espazo de lecer e esparexemento situado no centro urbano de Arcade, deseñado para dar visibilidade e normalizar ás diferentes sensibilidades e formas de sentir “seguirá na súa localización actual” tal e como confirmou o alcalde, Agustín Reguera.

Así, tras as acusacións do portavoz nacionalista, Manu Lourenzo, o rexedor explicou que “o novo skatepark convivirá co Parque da Diversidade sen necesidade de desprazar a ninguén. Os usuarios de ambas as zonas gozarán dun espazo de lecer e esparexemento no centro de Arcade”.

Do mesmo xeito, Reguera apuntou que a localización do skatepark está acordada desde o inicio do proxecto cos deportistas e que vén motivada pola necesidade de cumprir cos acordos alcanzados “tras máis de dous anos esperando polo permiso de Costas para construír un skatepark no mesmo lugar do actual, é necesario dar xa unha resposta aos mozos do municipio que demandan esta instalación”, indicou o alcalde.

Por último, o rexedor negou as acusacións da oposición indicando que no goberno local de Soutomaior non existe o deixamento, nin a improvisación. O que existe é un acordo e un compromiso firme coa mocidade e os deportistas do municipio aos que o BNG dá as costas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará