Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contrata 16 persoas en situación de desemprego ao abeiro do Plan Concellos

concello

As novas incorporacións permiten reforzar os servizos que se prestan á cidadanía ao tempo que dan a posibilidade ás persoas beneficiarias de adquirir experiencia nas súas respectivas áreas

O Concello de Redondela vén de contratar un total de 16 persoas en situación de desemprego para reforzar a prestación de servizos á cidadanía. Concretamente son tres técnicos/as de Turismo, unha/un traballadora social, tres persoas para reforzamento do servizo eléctrico e 9 peóns de Obras e Servizos.

Unhas contratacións realizadas a través do Plan Concellos que contribúen a paliar a situación económica na que se atopan as persoas desempregadas e, ao mesmo tempo, proporciónanlle experiencia de cara a mellorar a súa inserción nun mercado laboral cada día máis competitivo e especializado”.

A rexedora local sinalou que as tres técnicas de Turismo permitirán desenvolver proxectos que a Concellería ten en marcha “de cara a poñer en valor os amplos recursos que, nesta materia, ten o municipio”.

Doutra banda, a contratación dunha traballadora social permite reforzar o departamento de Servizos Sociais que conta cada día con maior número de usuarios e usuarias con demandas e problemas aos que hai que dar solución coa maior rapidez posible.

Finalmente, a contratación de tres persoas para o servizo eléctrico e 9 Peóns de Obras e Servizos permitirá desenvolver o proxecto de modernización do alumeado público nas parroquias e iniciar de inmediato as labores de recuperación dos camiños e muros danados polo temporal do pasado nadal.

A alcaldesa Digna Rivas quixo tamén destacar a importancia do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra no que á dinamización do mercado laboral atinxe “ao permitir paliar a situación pola que pasan as persoas desempregadas e, ao mesmo tempo, reforzar os servizos que os concellos prestan á cidadanía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará