A manifestación partirá ás 19:00 horas de hoxe dende o Centro de Saúde de Redondela. As traballadoras denuncian unha vez máis a precarización da súa situación laboral, que se viu agravada coa chegada da nova concesionaria os Ventos, e unha deficiente atención ás familias usuarias “que quedan sen o servizo sen aviso previo ou ven como a persoas que debe atender aos seus maiores chega nunha hora ou nun día diferente ao concertado previamente”.
Unha situación que dende hai meses é “insostible” e que levou xa a abrir un expediente de penalidades a empresa. Con todo, é un proceso “moi lento” que mantén unha precariedade laboral que as traballadoras non poden asumir polo que instan ao concello a tomar medidas máis drásticas “non podemos esperar ata setembro cando se remata o contrato coa empresa actual, entendemos que o concello ten que dar por finalizado a relación contractual coa concesionaria e que o concello asuma o servizo ata que se faga un novo concurso porque así non podemos continuar”.