Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración en repulsa polo asasinato machista de Baiona

redondela violencia

O Concello de Redondela convoca unha concentración este martes día 7 ás 20:00 horas na Praza do Concello para amosar a indignación ante o novo asasinato machista ocorrido este domingo en Baiona, polo que foi detido Angel Rodríguez da Costa “Lito”, exparella e presunto autor da morte de Beatriz Lijo Gesteira. Dáse a circunstancia de que o xa detido exercía actualmente de profesor substituto de matemáticas no IES Pedro Floriani de Redondela.

A Policía Nacional detiña este luns en Ourense a Ángel Rodríguez da Costa como presunto autor do asasinato da súa exparella, Beatriz Lijó Gesteira, cuxo corpo foi atopado este domingo sen vida no seu domicilio de Baiona. A conmoción era patente hoxe na comunidade educativa do IES Pedro Florieni, onde o presunto agresor de 46 anos de idade impartía actualmente clases de matemáticas.

Dende o Concello convocan á veciñanza a expresar a súa indignación cunha concentración silenciosa que terá lugar este martes ás oito da tarde ás portas do concello.

A alcaldesa Digna Rivas, asegurou “ser incapaz de expresar a rabia e indignación que me produce o terrible suceso de Baiona” e animou á cidadanía a loitar “unida e sen fisuras” contra a barbarie que supón a violencia machista, unha violencia fronte á que non caben medias tintas nin ambigüidades e aqueles que negan a existencia deste violencia machista, son complices da mesma”.

Digna Rivas asegura que estes feitos “son un golpe moi duro para aquelas e aqueles que cremos e loitamos pola igualdade, pero que a ninguén teña a menor dúbida que seguiremos nesta pelexa ata conseguir poñer fin aos asasinatos machistas que supoñen unha auténtica lacra social”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará