Os cuartos de final da Copa Galicia FS celébrase no Pavillón Municipal de Pazos de Borbén, mañá ás 20:30 horas da tarde. As entradas xa están esgotadas e espéranse a asistencia de máis de 600 persoas de toda Galicia e norte de Portugal para ver xogar o Pazos FS contra o equipo de Primeira División Noia Portus Apostoli.
A competición coincide co 30 aniversario da SD Pazos e esta é a terceira vez na historia do club que o equipo chega aos cuartos de final, pero sen conseguir nunca pasar á semifinais. O adestrador do equipo, Fran Amoedo, vé algo difícil gañar a un equipo de primeira, pero considera que o importante é enfrontarse ao encontro con “ilusión e orgullo”.
Dende a directiva piden que a xente sexa prudente e acuda a cita con antelación, para evitar aglomeracións ante unha concentración desta magnitude na que se esperan 600 persoas de toda Galicia. Para o club foi toda unha sorpresa que se achegue xente de Pontecesures, A estrada, Ourense e incluso Portugal.
Ademais, coa entrada podes optar ao sorteo de varios productos entre os que se atopan un pack de adestramento da selección de Marrocos, usado na pasada Copa do Mundo e ofrecido por Juan solla, preparador físico do combinado marroquí. Tamén entran no sorteo un par de zapatillas de xogo doadas por Adrián Alonso Pereira, máis coñecido como “Pola”, actual xogador do Inter Movistar e mellor xogador galego da historia do fútbol sala. Amoedo considera unha verdadeira honra que Nico Rodríguez , medallista olímpico nos pasados xogos de Tokio e Subcampión do Mundo e de Europa aporte unha sudadera do equipo olímpico español para sortear entre os asistentes o partido.
O Pazos FS atópase como segundo na táboa, empatado con Stellae F.S. de Padrón e cun partido pendente de celebrarse trala decisión do árbitro de suspender a xornada do día 28 de xaneiro. A falta de 14 minutos para o final e cando o marcador reflectía un empate a 3 entre o Pazos e o Noia “B”, o colexiado Cristian Fernández decidiu suspender o encontro polos asubíos e insultos procedentes das gradas. Unha decisión que non comparte o club nin tampouco o conxunto rival. Segundo explica Fran Amoedo, presentaron alegacións e “gracias as probas video-gráficas o partido volverá a celebrarse cando o aprobe a xuíza de competición. Unha derrota ou vitoria supoñería o ascenso ao primeiro posto da clasificatoria e tres puntos poden cambiar moito as cousas”.
Mañá, mércores 8 de febreiro ás 20:30 horas, vivirase unha gran festa do Fútbol Sala na que estarán presentes afección de toda Galicia. Os xogadores da base do Pazos FS serán os ecargados de facer o saúdo inicial e dar comezo a unha clebración chea de sorpesas.